Introducción al documental “Falando de memoria”
VIDEO
Introducción aos 15 micro reportaxes que conforman o documental “Falando de memoria” .
Celso López, presidente da Asemblea Republicana de Vigo, introducenos no documental “Falando da memoria” bubha viaxe polos lugares de memoria da comarca de Vigo.
Vigo baixo a cruz da ignominia
VIDEO
Vivimos nun perpetuo consentimiento. Carecemos incluso da renuencia dos que nos precederon. Vivimos tan cargados de hombreiros polo peso da barbarie que acostumámonos a sobrevivir aplastados nun mundo unidimensional.
Vigo vive aos pes da ignominia, no Castro álzase un símbolo dos tempos escuros que obríganos ás demócratas a vivir cabizbaixos. Ese monumento a infamia en forma de cruz é unha inxuria permanente á democracia, un vil desprezo as persoas que sacrificaron a súa vida defendendoa.
Matilda e a leite derramada
VIDEO
Agardamos que Matilde atopara acougo compartindo o camposanto coa súa familia e que a onde sea que fora deixara atrás o terror.
Matilda voltaba a casa leda coa leiteira chea. Resoaron uns disparos demasiado lonxe para ver onde pero o corazón de Matilda acelerouse, a desgraza cerníase sobre o seu fogar. A paso vivo sen soltar a leiteira achegouse buscando coa mirada a súa familia, aínda o aire estaba sucio de pólvora fascista,pero xa non había vida no seu fogar.
Frontón vigués en María Berdiales
VIDEO
A partires do triunfo do golpe en Vigo, as detenciones masivas de homes e mulleres foron constantes e diarias. Non só se detiña a persoas significadas de partidos e sindicatos, funcionarios públicos, ou simples afiliados e simpatizantes, senón tamén a calquera veciño que fora sospeitoso de apoiar a legalidade republicana. Foi preciso habilitar unaha nova prisión, utlizandose para iso o edificio do Frontón Vigués que se atopaba na rúa Maria Berdiales.
Do Frontón sairían moitos presos para ser asasinados. Falanxistas locais, como Guillermo de Oia-Garcia Barbón, Fernando Hylas, Torrado ou Enrique Rodríguez Cantero, chamado “Tajuelo” eran frecuentemente vistos nos seus coches con presos que nunca volverían ao Frontón nin a ningures.
Se as paredes falaran [Historia negra de Vigo]
VIDEO
Neste lugar, que hai máis de 80 anos era Pazo de Xustiza, cárcere e cuartel, o cuartel no que tiña a súa sede a máxima autoridade militar de Vigo, o comandante Felipe Sánchez, neste mesmo lugar, pola tarde do día 19 de xullo de 1936 imprimiuse o bando que ía declarar ó día seguinte a rebelión da guarnición militar de Vigo contra a República.
Neste mesmo lugar no que hoxe estamos, un mes despois, o 22 de agosto de 1936, tivo lugar o proceso máis importante dos que se seguiron na nosa cidade contra dirixentes da Fronte Popular. Ós cinco días daquela farsa xudicial, o 27 de agosto de 1936 , dez homes, pagaron coa súa vida a lealdade á República.
falamos de memoria
VIDEO
Falamos de memoria con Laura Pérez e Telmo Comesaña, cofundadores da Asociación Viguesa pola Memoria Histórica do 36.
Con Laura Pérez e Telmo Comesaña, cofundadores da Asociación Viguesa pola Memoria Histórica do 36, repasamos a historia ndo movemento memorialista na Galiza.
Praia das Fontes – Alcabre, lugar de memoria
VIDEO
Praia das Fontes, Alcabre, lugar de memoria instaurado o 17 de agosto de 2002 en lembranza dos asasinados na sublevación fascista de 1936.
“Outra vez, outra vez o terror! Un día e outro día, sen campas, sen protesta. Galiza ametrallada nas cunetas dos seus camiños” (Luis Pimentel)
A masacre do bou Eva
VIDEO
O asalto do bou Eva foi un dos episodios máis tráxicos da represión franquista en Galiza.
O 23 de abril de 1937 oito homes e unha muller (casada dende pouco cun deles) dispoñíanse a escapar a Francia por mar dende o porto de Vigo. Tras seren delatados, posiblemente por un tripulante, os falanxistas asaltaron o barco. Arrimaron un barco alxibe do porto e asolagaron a bodega do bou, primeiro con auga fría e despois con auga quente. Mais os tripulantes non saíron, decidiron pór fin á súa vida de maneira colectiva antes de entregárense ós falanxistas.
Seis patricios e un obreiro na Volta da Figueiriña
VIDEO
Como di Alberto Méndez o silencio é un espazo, unha oquidade onde nos refuxiamos, pero onde non nos atopamos nunca a salvo. Só a palabra permite poñerse a salvo da brutalidade e da estupidez, só grazas a ela podemos encarar o peso do mundo recordando que o corazón existe.
Se dicimos os nomes, se nos atrevemos, se esforzamos á memoria e á linguaxe para que reconstrúa as vidas que foron, para darlles de novo presenza , gañamos todos. Gañamos, aínda que sexa unha victoria tan serodia, aínda que desde aquel 15 de septembro de 1936 tiveran que sucederse as luces finais do verán setenta veces.
Calvario (Lavadores), lugar de memoria.
VIDEO
Aquí, no Calvario, daquela Concello de Lavadores, resistieron hai 84 anos, os obreiros e obreiras contra do exercito sublevado contra a República.
O pobo que resistiu aquí mesmo e noutos lugares foi un exemplo que non queremos esquecer, e por iso aqui eriximos un monolíto para marcar este lugar de memoria e honrar as caidas e caidos baixo a tiranía da barbarie.
Cemiterio de Pereiro [LUGARDEMEMORIA]
VIDEO
“Quero unirme a esta homenaxe e a estas 740 persoas ou máis, enterradas aquí en Pereiró, asasinadas polo réxime franquista, especialmente ao meu avó, Manuel Campos Méndezy aos seus irmáns, Julio e Camilo”
[AMALIA COLLAZO | Asociación viguesa pola Memoria Histórica do 36] O mesmo que ocorreu con outros xenocidios, queremos que o xenocidio que se levou a cabo en Galiza poda ser recordado sempre. Con placas, con pedra do país, con versos, con flores, con información, con liberdade. Isto é lexítimo e, nesta cidade e a día de hoxe, hai quen ten a baixura moral, e a indignidade de opoñerse
ILLA DA MEMORIA 2022
VIDEO
Que medre a memoria!
2022, voltamos a Illa da Memoria para lembrar as represariadas e caidos pola senraón da barbarie franquista. Unha mención especial as guerrilleiras e guerrilleiros que mativeron vivo o espiritu democrático nos anos máis escuros da historia do nosos país. Que medre a memoria!
Unha república roxa e violeta
VIDEO
En 2008, Vigo recoñece o sacrificio pola democracia de seis destas mulleres poñendolle o seus nomes a sendas rúas da cidade, entre elas a rúa Mercedes Núñez Targa. Unha homenaxe a elas e a tódalas mulleres represaliadas, teñan nome recoñecido ou non.
Só en Vigo temos contabilizadas trece asasinadas e incontables represaliadas, encarceradas, torturadas, rapadas, violadas, expropiadas, insultadas, afastadas coma se fosen apestadas, mestras ás que cesaron e sancionaron, e múltiples mulleres que os fascistas deixaron viúvas ou soas, sen casa, sen terras, sen medios de subsistencia, só por ser nais, compañeiras, irmás ou fillas de republicanos.
Vigo, a democracia no paredón
VIDEO
Non teñas medo hoxe non son de carne e oso, hoxe o meu peito será pétreo como o teu e ambas faremos rebotar as súas balas- O estruendo afogou as miñas derradeiras palabras. Expirei un bico mentres o meu corpo xa se desmoronaba laxo e a muralla afundiase na escuridade
A murralla falou – lévame contigo, non quero verte de novo nun charco aos meus pés, non quero oir máis o estrépito da morte -.
-Se forte-, respondinlle, – un día ti estarás aquí para lembrarlles ás mulleres e homes de ben que aínda aniño nos seus corazóns-.
– Lévame contigo – repitiú – non me quedan bágoas coas que bañar o teu sangue –
-Que non treman as túas pedras porque as súas balas non poderán coa razón- díxenlle intentando consolala.
-Se non me levas, o encono medrará en cada buraco de chumbo que me fagan- insistiú a desacougada.
– Eu volverei para restañar as túas feridas e para arrincar a brea dos corazóns- prometinlle.
-Pero que vai quedar de ti se cada noitiña te desangran, como vas a volver se cada día te vas – laiábase a muralla facendo rechinar as súas pedras como se foran simples teselas.
A Porta do Sol [ZONA 0 DA BARBARIE]
VIDEO
O mesmo día 18 de xullo, sábado, a Alcaldía de Vigo , presidida por Emilio Martinez Garrido, publicaba un bando no que “reitera al vecindario la seguridad completa de haber sido totalmente sofocado el criminal intento producido fuera del territorio penínsular, fuertemente ahogado por el grito clamoroso que a estas horas vibra en todos los ámbitos del país ¡Viva la República¡. Trabucábanse.
A pesares de que a cidade estaba neses momentos en folga xeral e as rúas céntricas fervían ateigadas de traballadores que viñan, sobre todo da zona de Lavadores, para poñerse, coas armas na man se fora preciso, ao servizo da legalidade republicana, os militares facciosos ultimaban o golpe. s.
Cemiterio de Mos, lugar de memoria
VIDEO
Homenaxes persoas asasinadas pola barbarie franquista en Mos.
Non hai mellor homenaxe á democracia que rendir honores as persoas que deixaron a súa vida loitando por ela. As persoas asasinadas pola barbarie franquista por defender a liberdade e a xustiza. Recuperar a memoria histórica non é unha cuestión de esquerdas ou dereitas, é so cuestión de non ter o corazón ennegrecido.
Monte da Guía, lugar de memoria
VIDEO
Lugar de memoria no Monte da Guía na parroquia viguesa de Teis.
Rendimos homenaxe as vítimas da represión franquista neste lugar de memoria no Monte da Guía na parroquia viguesa de Teis. onde foron asasinados polo fascismo varios veciños da zona. Lembramos como, hai xa unha década, xuntáronse a Asociación veciñal de Teis máis a Asociación viguesa pola memoria do 36 para erixir este monumento conmemorativo e instaurar este lugar de memoria.